Esta empresa, de carácter familiar, nace da necesidade de engadir máis calidade a os servizos funerarios prestados por outra empresa, SERFUJA, S.L., da mesma familia. Ata a data de 15-05-2002 na que quedou constituída JORBA FLOR, S.L., a prestadora de servizos funerarios, servíase de artígos florais (coroas, centros, ramos, ornamentación de igrexas, etc.) subministrados por provedores externos, sen máis vínculos ca os de relacións comerciais básicas. A partires desta data, SERFUJA, S.L., converteuse no noso principal cliente, aportándonos experiencia e coñecementos das tendencias e necesidades que os seus usuarios viñeron demandando ó longo de 55 anos.

            Ata o 20 de decembro de 2008, toda a actividade víñase realizando nun establecemento, de aluguer, localizado no centro da localidade de Castro de Ribeiras de Lea, do concello de Castro de Rei (Lugo). Coa incorporación de novos clientes de miúdo, demandantes de outros servizos, incorporamos á nosa produción: vodas, bautizos, comunións, eventos sociais, artigos de decoración en xeral, plantas de ornamentación, flor seca, flor de tea, etc..

            Por esta razón, o espazo tanto de obradoiro coma de exposición, quedábasenos pequeno e houbo que pensar nunha ampliación; eso si, pensando en instalacións propias.

            Fixéronse estudos de mercado que aconsellaron non so manter a actividade, se non potenciala con novas líñas de negocio que deberíanse prestar dende un establecemento único, para aportar maior valor engadido e rendibilidade; razón pola cal se encargou a construción dunha nave no polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea, fronte ó tanatorio, a cal nos permitiu dispor dunha superficie útil de 1.792 mts. 2. Así xa gañamos en eficiencia nos pedidos realizados dende, por, e para o establecemento de Serfuja, S.L.

            Das visitas continuas a os cemiterios da Terra Cha, observamos que existe un problema medio ambiental cos propios artígos que elaboramos. Pasados uns días, convértense en residuos que, aínda pouco contaminantes, obrigan a ser retirados polas familias nun curto marxe de tempo. Unhas veces abandonados a carón das tapias dos cemiterios, outras agardando xunto a contedores próximos, e outras, tirados en calquera canteira ou lugar fóra do alcance dos ollos dos veciños. Conclusión: pretendemos por en marcha un servizo de recollida destes residuos, que sexa o menos gravoso economicamente para o cliente e efectivo para todos en canto a prazos de recollida e xestión medio ambiental.

            Por último, aproveitando o resto da superficie de que dispoñemos, xerouse unha gran área que baixo a denominación de MOBLES BUXO, está adicada a venda de mobles, artigos de descanso e complementos para o fogar. Todos eles colocados axeitadamente formando composicións reais para distintos ambientes de estar, o que lle da ó conxunto unha visión co acabado final que o noso cliente busca no seu fogar. Dispoñemos tamén dunha ampla variedade de catálogos con formas e estilos confeccionados polos mellores fabricantes de España e Portugal.